sábado, 28 de febrero de 2009

Libro do mes - Marzo 2009

El tercer hombre
de
Graham Greene

Viena, fría cidade ocupada polos aliados ao final da II Guerra Mundial. Dous amigos, unha muller, unha traizón. Estamos ante unha novela breve que inspirou o guión dunha película.
Martín, un mediocre escritor norteamericano, visita ao seu corrupto amigo Harry Lime mais en realidade asiste ao seu enterro e coñece os seus máis que discutibles negocios. O desenlace é propio dun tempo sen heroes porque como dí Orson Welles no filme "os únicos heroes que quedan son os das novelas do Oeste".

Poesía do mes Marzo 2009

AO MIÑO EN MARZO

Xa a invernía se vai das túas veigas,
Miño, eixo da patria,
e dun soño de ouveos e de chuvias
saes de aceiro lucente
e feroz, pero os días han cubrirte,
han cubrirte de calma.
(...)
e ti segues, ancián reverdecido,
cara ao Tegra e a Guarda.
Así sempre has florir dun ano pra outro,
e os meus versos contigo,
e por riba dos dous ese arco iris
con beleza impalpable
selará celestial a grande alianza
entre tí e o meu pobo.

(Millán Picouto, 1949- )


jueves, 26 de febrero de 2009

Día de Rosalía

O 24 de febreiro de 1837 nacía, en Santiago, Rosalía de Castro. 172 anos despois a súa obra permanece viva.



video

21 de febreiro: Día da Lingua Materna

O pasado 21 de febreiro, no comezo das vacacións do Entroido, celebramos o día da Lingua Materna. Na Biblioteca aproveitamos a data para presentar esta mínima escolma de textos.


Miña Patria:
Eu son o teu soldado máis forte.
A túa lingua é a miña espada
e cando debullo unha canción
cando florece unha palabra
canta en mín o labrego cavador
o emigrante e o poeta,
o mariñeiro
o home que amasa o pan e moxe o leite.
¡Non son un home: Son un pobo
e ninguén me pode domear!






Avilés de
Taramancos




LINGUA CAMPESIÑA

Lingua campesiña e proletaria
baixo a que estou acochadiño
tomando ista rafiña clara
de sol agoniante.

Lingua campesiña,
valado de silveiras
contra o que me encosto,
namentra-los mozos
van á romaxe da esperanza.

Idioma escuro,
patria pequena
que agurugullas no bico
da miña mao.

Naquila frangulla
do pan das palabras,
que me deixou en herdo
Don Vicente,
hei de esculpi-la rula
da esperanza
e sementa-la sementeira.
Patria pequena, sen maúscula,
verdadeira patria.

Lingua pequena e fermosa e derrubada
lingua miña, verdadeira lingua.

En ti aprendo a vivir
coma un meniño
atoutiñante
que camiña
collido da mao daquil pai cego
e refugado.








Antonio

Tovar








La langue est pour les hommes la plus belle des patries.


"Ma patrie, disait Albert Camus, c'est la langue française"



Gilles de Robin




CANCIÓN PARA CANTAR TÓDOLOS DÍAS

Hai que defender o idioma como sexa:
(...)
Hai que defender a fala en loita rexa
(...)

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala i enterrala.

Seríamos, sin fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos enemigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, pobo común,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
e fogar no que arde acesa a nosa fe.

Hai que loitar, pois, coa deserción,
cos parvos iñorantes burras quentes.
Hai que afirmar a fala con tesón,
defendela con uñas e con dentes.

Hai que darlle ó pobo a súa voz pura.
Quen nos quer sin fala, quer matarnos.
¡Hai que defender a fala con mao dura
pois precisamos da fala pra salvarnos!

(Manuel María)





¿Que diriamos se o Estado mandase derruba-lo Pórtico da Gloria?. Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inolvidable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é máis ca unha obra de arte; é matriz inesgotable de obras de arte. (Castelao)








Artigo 7
Tódalas linguas son a expresión dunha identidade colectiva e dunha maneira distinta de percibi-la realidade, polo tanto teñen que poder gozar das condicións necesarias para o seu desenvolvemento.
Artigo 14
Toda comunidade lingüística ten dereito a que a súa lingua sexa utilizada como oficial dentro do seu territorio.
(Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, Barcelona, 1996)



domingo, 1 de febrero de 2009

Libro do mes - Febreiro 2009

Un home na praia

de

Pedro Ferriol

O orfo Paulo navega durante vinte e sete anos co capitán Thomas. En terra, Paulo consola as súas saudades mariñeiras na praia, onde atopa a serea Alma.

Compoñen a novela unha ducia de contos fantásticos e de intriga cunhas axeitadas doses de amor e fantasía para que as situacións fortuítas transformen os destinos das persoas.

Poesía do mes - Febreiro 2009

CANCIÓN DE CARNAVAL

Musa, la máscara apresta,

ensaya un aire jovial

y goza y ríe en la fiesta

del carnaval.

Ríe en la danza que gira,

muestra la pierna rosada,

y suene, como una lira,

tu carcajada.

Para volar más ligera

ponte dos hojas de rosa,

como hace tu compañera

la mariposa.

....

Mueve tu espléndido torso

por las calles pintorescas,

y juega y adorna el Corso

con rosas frescas.

Penas y duelos olvida,

canta deleites y amores;

busca la flor de las flores

por Florida.

...

Pirutea, baila, inspira

versos locos y joviales;

celebre la alegre lira

los carnavales.

Rubén Darío (1867-1916)