domingo, 7 de junio de 2009

Libro do mes - xuño 2009



Acio sanguento
de
Carlos Freire Cordeiro

Breve e clásica novela do xénero policial.
Un policía e o seu axudante deben pescudar quen é o asasino dun profesor de instituto. Mais xorden outros asasinatos, todos teñen en común a aparición dunha folla de loureiro na boca do cadáver. Unha trama con nocturnidade, drogas, sexo e o deus Dionisio, as súas ménades e os seus ritos crueis.
Non faltan os que facendo unha vida aparentemente convencional, revelan a súa cara máis instintiva valéndose da complicidade da noite, dende o Lourenzo que ao caer o día se converte en Talia e asasina á propia nai impedida que non comprende a súa transformación ao executivo que vai á praia para espiar as parellas, sen esquecer ao propio Valentín, que finalmente sae do coma e abrázase ao seu amado Mauro, en cuxa despedida de solteiro comezara todo.

Poesía do mes - Xuño 2009


¿Qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de paciencia y asco?
¿Sólo grafitti? ¿rock? ¿escepticismo?
También les queda no decir amén,
no dejar que les maten el amor,
recuperar el habla y la utopía,
ser jóvenes sin prisa y con memoria,
situarse en una historia que es la suya,
no convertirse en viejos prematuros.

¿Qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de rutina y ruina?
¿Cocaína? ¿cerveza? ¿barras bravas?
Les queda respirar, abrir los ojos,
descubrir las raíces del horror,
inventar paz, así sea a ponchazos,
entenderse con la naturaleza
y con la lluvia y los relámpagos,
y con el sentimiento y con la muerte,
esa loca de atar y desatar.

¿Qué les queda por probar a los jóvenes
en este mundo de consumo y humo?
¿Vértigo? ¿asaltos? ¿discotecas?
También les queda discutir con Dios,
tanto si existe como si no existe,
tender manos que ayudan, abrir puertas
entre el corazón propio y el ajeno.
Sobre todo les queda hacer futuro
a pesar de los ruines del pasado
y los sabios granujas del presente.

Mario Benedetti (1920-2009)

Libro do mes - maio 2009


Los hijos del trueno
de
F. Lalana e J. M. Almárcegui


Un libro que narra a historia do Instituto Remanente de Ensinanzas Medias nº 1, rebautizado como Capitán Trueno.
Decidido a rematar co fracaso escolar, o goberno promulga o “Decreto do vintidós (sic)”. Cada clase terá vinte e dous alumnos, e os que sobren, irán aos chamados institutos remanentes. Cada instituto decide a que alumnado rexeita, polo que a estes novos centros vai parar o mellor de cada casa... Mais un grupo de supostos fracasados (frikis, raros, inadaptados, delincuentes, algún superdotado, molestos en xeral...) negarase a asumir esa condición e atopará a manera de facerse valer e poñer patas arriba o novo sistema estabelecido.

Dos mesmos autores tamén podedes atopar na Biblioteca:

  • Almogávar sin querer
  • La maldición de bronce

Poesía do mes - Maio 2009

Mayo longo... Mayo longo,
Todo cuberto de rosas,
Para algúns telas de morte,
Para outros telas de bodas.
Mayo longo, Mayo longo,
Fuches curto para min,
Veu contigo a miña dicha,

Volveu contigo á fuxir.

(Rosalía de Castro, 1837-1885)