viernes, 6 de noviembre de 2009

50 CABODANO DO PASAMENTO DE RAMÓN CABANILLAS

Eran as oito da mañá do 9 de novembro de 1959 cando nos deixaba para sempre o poeta da raza. A triste nova foi recollida pola prensa da época, para mostra esta páxina de La Voz de Galicia:


O tudense Alfonso Álvarez Gándara, neto de Darío Álvarez Limeses, foi un dos mozos que axudou a portar o féretro e lembra aquela xornada:

"Na aínda réspeta tesitura nacional de 1959, vivimos como un acto político a asistencia ao seu enterro e aquelo de levar unha coroa de froles que decía "a mocedade universitaria galega". Varios estudantes turnámonos con familiares levando o cadaleito. Cando se ten vinte anos, cun certo mesianismo xeneracional, levar un instantiño o peso do poeta da raza ao pé do mar de Cambados equival a sertirse Galas prometendo saber gañar espada e espora"

Tamén a lembra o profesor da USC Francisco Fernández Rei, daquela un cativo:

"...unha tarde vin pasar unha interminable comitiva fúnebre pola Calzada, toda estrada das outonizas follas... Ningún dos nenos de Triana que andabamos a enredar coas follas sabiamos a quen levaban a enterrar naquela caixa"

Máis tarde, visitando o cemiterio cambadés, a carón da sepultura dun seu irmán, Francisco Fernández Rei, atopa estes versos:

Quero na lousa que me dé sosego
esta palabra que ten luz: Gallego
e esta palabra que ten áas: Poeta


"moi posiblemente foron as primeiras palabras en galego que lin na miña vida"

Oito anos despois da súa morte os restos do noso poeta deixaron o camposanto de Fefiñans para repousar no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.