miércoles, 24 de marzo de 2010

Día Mundial do Teatro



Cada 27 de marzo, dende 1961, o ITI celebra o Día Mundial do Teatro e cada ano encarga a mensaxe conmemorativa da xornada a unha personalidade vencellada ao mundo teatral. A autora da mensaxe no presente ano é a actriz Judi Dench. moi popular no Reino Unido polos seus traballos en teatro, cine e televisión. Esta é a súa mensaxe:


O Día Mundial do Teatro é unha oportunidade para celebrar o teatro dun milleiro de formas.

O teatro é unha fonte de entretemento e inspiración, e ten a habilidade de unificar as diversas culturas e ás xentes de todo o mundo. Pero o teatro é moito máis que iso e tamén brinda oportunidades para educar e informar.

O teatro represéntase en todo o mundo e non sempre nos escenarios tradicionais. As representacións poden suceder nun pequeno pobo de África, nunha montaña en Armenia ou nunha pequena illa do Pacífico. Todo o que necesita é un lugar e un público.

O teatro ten a habilidade de facernos sorrir, de facernos chorar, pero tamén debería facernos pensar e reflexionar.

O teatro xorde a partir do traballo en grupo. Os actores son as persoas que se ven, pero hai un gran número de persoas ás que non se ve. Son tan importantes como os actores e as súas variadas e especializadas habilidades fan que unha produción sexa posible. Tamén deberían compartir os triunfos e os éxitos que poidan lograrse.

O 27 de marzo é oficialmente o Día Mundial do Teatro. Por moitos motivos todos os días deberían ser considerados días do teatro, porque temos a responsabilidade de continuar a tradición de entreter, de educar e de iluminar as nosas audiencias, sen as que non existiriamos.


miércoles, 17 de marzo de 2010

21 de marzo, Día da Poesía

Foi no 1999 cando a UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Mundial da Poesía.

Neste 2010 Irina Bokova, actual directora xeral, redactou a mensaxe para esta celebración, da que entresacamos este parágrafo:

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas educativos. Grazas ao acceso á poesía do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se encontre en termos xeográficos.»

Se queres ler toda a mensaxe segue este enlace:
http://unesdoc.unesco.org/images/0018/001871/187194s.pdf

Festexemos o próximo domingo poñendo un pouco de poesía nas nosas vidas prosaicas!










A nosa proposta céntrase en dous poetas que lembramos este ano: Uxío Novoneyr
a e Miguel Hernández: