martes, 26 de febrero de 2013

Constelación poética rosaliana

Magnífica constelación elaborada polas bibliotecas dos IES de Poio e "Ribeira do Louro" de O Porriño para celebrar os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos
Grazas por compartir o voso traballo!

Alfabetización informacional

O traballo colaborativo de dúas bibliotecarias escolares: Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro (Malpica) e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón (Pontevedra) acaba de dar un moi apetecible froito para a alfabetización informacional de cantos navegamos pola rede; coas súas orientacións melloraremos, sen dúbida, as nosas buscas no tupido bosque da internet. Grazas, Charo e Olga, por compartir os vosos coñecementos para que chegen ao maior número de usuarios das nosas bibliotecas.