miércoles, 30 de marzo de 2016

A guerra na literatura infantil e xuvenil galega

Neste oitenta aniversario do inicio da Guerra Civil e aproveitando a conmemoración da literatura
infantil e xuvenil resulta moi oportuna a lectura desta escolma de trinta e oito obras narrativas da literatura infantil e xuvenil editada en galego sobre a memoria das negras consecuencias dos conflitos bélicos, coordinada por María Jesús Agra e Blanca-Ana Roig.
Obra que reflite, dende puntos de vista múltiples, as repercusións das guerras para a humanidade. Son  cinco os eidos temáticos tratados: “campos de concentración e refuxiados”, “consecuencias directas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade”, “episodios bélicos do pasado descubertos por adolescentes”, “actuación da infancia e da adolescencia nos conflitos bélicos” e “os conflitos bélicos e posbélicos como pano de fondo”. Os autores galegos presentes nesta antoloxía son: Fran Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos,  Margot Chamorro, Francisco Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel María, Antonio García Teijeiro, Andrés García Vilariño, Xosé Ramón González Álvarez, Siro López, Xavier López Rodríguez, Xavier Lorenzo, Manuel Lourenzo González, Xosé Manuel Martínez Oca, Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Milagros Oya e Xosé A. Ventoso Mariño.

A literatura infantil e xuvenil galega no século XXI

Aproveitemos o Día do Libro Infantil e Xuvenil para coñecer o panorama actual da literatura infantil e xuvenil en lingua galega da man da profesora e investigadora Blanca-Ana Roig Rechou. Le o seu artigo premendo neste enlace.


Manuel María e a literatura infantil e xuvenil

Dentro da vasta obra do autor ao que este ano dedicamos o Día das Letras hai presenza de publicacións pensadas e dirixidas ao público infantil e xuvenil moi oportunas cando imos celebrar unha nova edición do Día do Libro Infantil e Xuvenil. 
Está ben lembrar neste día ao escritor danés Hans Christian Andersen mais tamén cómpre non esquecer ao noso Manuel María por ter tamén atendido ás lecturas de nenos e mozos con títulos como

http://libreriaabrente.es/es/poesia-en-galego-/3446-as-ruas-do-vento-ceibe.html

As rúas do vento ceibe
http://www.rios-galegos.com/conto01.htm

A tribo ten catro ríos
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=CEC180&Rexistro=1235&Formato=Etiquetas
Unha sombra vai polo camiño. 
Como desapareceu a Atlántida 
e apareceron os lagartos
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/obras/ver.htm%3Bjsessionid=B61FB6A19896AE7CEB837EEED02867E5?id=71&paxina=1

Cando o mar foi polo río
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/obras/ver.htm%3Bjsessionid=A270E1787A42104D25BCB9CE715613A1?id=72&paxina=1
Viaxes e vagancias de M. P.
http://iesmasahistoria.blogspot.com.es/2008/05/as-ribeiras-son-escuras-manuel-mara.html
As ribeiras son escuras
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/publicacions/ver.htm?id=9
O bigote de Mimí
http://www.larousse.es/catalogos/proyectos_lectura/XG00025603_9999998786.pdf

Os soños na gaiola (versos pra nenos)
(Premendo sobre as portadas atoparás información ou materiais adicionais)

E para ter unha visión de conxunto da poesía infantil de Manuel María recomendamos un breve artigo de Celia María Armas García: http://ruc.udc.es/bitstream/2183/13011/1/CC-107_art_18.pdf

sábado, 26 de marzo de 2016

O teatro de Manuel María

Neste 27 de marzo, Xornada Mundial do Teatro, deste 2016, Ano de Manuel María, que o vizoso bosque da súa poesía non oculte a súa sementeira teatral!

Para facer memoria lembramos algunhas das súas obras dramáticas: 
  • Auto do taberneiro
  • Auto do labrego
  • Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos)
  • Barriga verde 
  • Unha vez foi o trebón
  • Auto trascendental do ensino tradicional
  • Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
  • Auto do Maio esmaiolado
  • Abril de lume e ferro
  • Auto do Castromil ou a revolución dos baúles
  • Unha vez foi o trebón e Farsa de Bululú
  • A lúa vai encoberta
  • Edipo
E para introducírmonos neste teatro un bo comezo é este artigo e Pilar García Negro.

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Sanchis Sinisterra

Escrita en 1986 e representada no Teatro Principal de Zaragoza en 1987 ¡Ay Carmela! de José Sanchis Sinisterra tamén ten versión fílmica.

Carmela, Paulino e Gustavete forman un grupo de cómicos trobadores  que procuran diversión aos soldados republicanos durante a Guerra Civil, pero están cansados xa de pasar penalidades na fronte. Diríxense a Valencia pero, por erro, van parar á zona nacional. Alí son feitos prisioneiros, e a única maneira de salvar as súas vidas é ofrecendo un espectáculo para un grupo de militares nacionais que  choca de cheo coa ideoloxía dos cómicos. 

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Fernando Fernán Gómez

En 1982 represéntase Las bicicletas son para el verano, obra tetral de Fernando Fernán Gómez  que tamén terá versión cinematográfica e radiofónica. 

No Madrid de comezos da guerra a familia formada por don Luís, a súa cónxuxe Dolores e os seus fillos, Manolita e Luisito, comparte a situación coa criada e os veciños do edificio onde vive. Luisito, a pesar de suspender, quere que o seu pai lle merque unha bicicleta. Pero a situación vai obrigar a retrasar a compra. E o retraso, como a propia guerra, durará moito máis do previsible. 

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Jaime Salom

La casa de las Chivas, de Jaime Salom, foi estreada como obra teatral en 1968, sendo levada con posterioridade ao cine a a  televisión. 
Na trama, ambientada na Guerra Civil, cinco militares requisan unha vivenda propiedade dunha familia composta por un pai e as súas dúas fillas Petra e Trini, máis A Chiva, a nai ausente pero sempre lembrada. As relacións entre todos os personaxes enclaustrados na casa, enmarcan o desenvolvemento da obra, con Petra chegando a ofrecerse sexualmente por mera supervivencia... Ata a chegada de Juán, un último soldado. Ámbalasdúas irmás quedan prendadas de Juán, iniciándose unha loita larvada que acabará co suicidio de Trini.

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Rafael Alberti

Rafael Alberti escribe Noche de guerra en el Museo del Prado no ano 1956 pero haberá que esperar a 1973 para que se represente en Roma e a 1978 para poder vela en Madrid.
A obra inspírase nun episodio vivido polo Alberti, quen en plena Guerra Civil española recibiu o encargo de Largo Caballero e a Xunta de Salvamento Artístico para trasladar algunhas das obras do Museo do Prado a Valencia. Rememorando esta experiencia, a obra superpón a Guerra da Independencia coa Guerra Civil, na idea de que ambas presentan a mesma loita popular para alcanzar a liberdade. Os elementos que permiten cambiar dun escenario a outro son os cadros de Goya, cuxos personaxes cobran vida.

Noche de Guerra en el Museo del Prado from Fernando on Vimeo.

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Alfonso Sastre

En 1953 estréase Escuadra hacia la muerte, de Alfonso Sastre.

Nela un escuadrón de cinco homes, dirixidos polo cabo Gobán, son enviados a un posto de avanzada para informar dos ataques inimigos á retagarda. Os soldados, carentes de espírito militar terminan  asasinando a Gobán, ao que perciben como un obstáculo para a súa propia supervivencia.
Asasinado o cabo, os soldados buscan  a mellor forma de conservar as súas vidas na situación en que se atopan. O primeiro, con sentimentos de arrepentimento, decide volver coas súas filas aínda sabendo que será fusilado por traizón; outro suicídase, na crenza de que todo foi unha trampa dos mandos do seu exército; dous escapan e o último disponse a continuar a súa propia vida.

Día do Teatro: Teatro sobre a Guerra Civil (III)

Llegada de los dioses (1971).- Outra obra de Buero na que Julio queda cego ao saber que o seu pai practicou a tortura durante a Guerra Civil. O dramaturgo sitúanos entre a verdade e a mentira mediante o choque entre personaxes e ambientes.

La Fundación (1974).- Un grupo de reclusos conviven na prisión coa tortura, a tolemia, a morte... Reflexión sobre a liberdade persoal e social.
 

Día do Teatro: Teatro sobre a Guerra Civil (II)

La doble historia del doctor Valmy (1968).- Obra tamén de Buero que non pasa a censura en 1964 e foi estreada no estranxeiro, aborda de forma directa o tema da tortura física e das súas consecuencias, tamén as provocadas nos torturadores. Trala morte de Franco, en 1976, foi posible representala en España.


Día do Teatro: Teatro sobre a Guerra Civil (I)

Neste oitenta aniversario do inicio da Guerra Civil queremos lembrar, no Día do Teatro, obras que dalgún modo falan dela.
E comezamos con Antonio Buero Vallejo moitas de cuxas obras tratan de forma implícita temas relacionados coa Guerra Civil, mais nalgunhas implícase de forma moi directa e con valentía, por exemplo:

El tragaluz (1967).- Partindo da historia dunha familia trátase o tema da diferente posición na sociedade da posguerra de vencedores e vencidos.


Día do Teatro con Antonio Buero Vallejo

Neste 2016 cúmprense cen anos do nacemento en Guadalajara dun dos
dramaturgos españois contemporáneos máis coñecidos. Estamos a referirnos a Antonio Buero Vallejo, galardoado co Premio Cervantes no ano 1986 e dez anos despois co Nacional das Letras Españolas. 
Hoxe non imos tratar da súa vocación pictórica manifestada en moita da sú obra teatral, de feito impartiu clases de pintura a obreiros antes da Guerra Civil. 
Participa nesta guerra como padioleiro dentro do bando republicano; foi condenado a morte e, con posterioridade, indultado. Coincidiu na prisión de Alacante con Miguel Hernández, do que realiza un moi coñecido retrato. En 1949 obtén o premio Lope de Vega con Historia de una escalera, obra exitosa que marca o inicio dunha vasta carreira teatral.