Interesantes documentais que nos fan reflexionar sobre o sangue e a inxustiza que poden esconder algúns dos productos e obxectos que consumimos:
miércoles, 29 de enero de 2014
XANO, A ÁRBORE DA VERGOÑA E O TENDAL DA PAZ
Os Romanos ergueron o templo de Xano como lugar para facer as súas pregarias en tempos de guerra; por iso, na longa historia da civilización romana, este templo só puido pechar as súas portas en catro ocasións: a primeira na época do monarca Numa Pompilio, a segunda baixo o consulado de Tito Manlio, a terceira no 29 a. C. sendo emperador Augusto, e a última no 70 p. C. baixo o goberno de Vespasiano. Sumando todos estes períodos quizais esteamos a falar dun ano de peche en total, unha insignificante area de paz no vasto deserto das guerras.
Hoxe, 30 de xaneiro de 2014, as portas do tempo de Xano seguen abertas. No noso mundo máis de trinta conflitos manteñen aceso o lume da discordia, algúns deles ocupan as portadas dos medios de comunicación, outros perderon actualidade e permanecen soterrados (mais vivos) baixo a lousa do esquecemento.
Hoxe, 30 de xaneiro de 2014, as portas do tempo de Xano seguen abertas. No noso mundo máis de trinta conflitos manteñen aceso o lume da discordia, algúns deles ocupan as portadas dos medios de comunicación, outros perderon actualidade e permanecen soterrados (mais vivos) baixo a lousa do esquecemento.
As follas vermellas da árbore da vergoña queren lembrar varios deses conflitos que, larvados ou non, seguen a encher a macabra estatística da maldade do ser humano.
E ao carón da árbore da vergoña construímos o tendal da paz do que penduraremos follas brancas, cal pombas, coas mensaxes do que podemos facer, dende as nosas circunstancias e limitacións, a prol da paz para mellorar a estatística das bondades do ser humano e pechar as portas do templo de Xano.
Etiquetas:
conflitos,
conmemoracións,
Paz
martes, 23 de abril de 2013
23 de abril en Tui
Máis dun milleiro de
escolares en representación dos centros educativos de Tui (CEIPs nº
1, 2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe e Rebordáns, CRA “Mestra
Clara Torres”, Seminario Menor, Colexio Santa María, IES “Pérez
Tizón” e “San Paio”) participaron na IV edición do “Tui Le:
os libros na praza” ao longo da primaveral mañá deste 23 de
abril.
Poemas de Rosalía,
textos de Vidal Bolaño, músicas de violín e teclado, contos
clásicos adaptados, Kamishibais...
e intercambio duns mil libros, que serviron tamén para formar no chan
da praza a palabra “LENDO”, deron vida e rexuveneceron as pedras
do Tui histórico e monumental.
Ao
final non houbo participación directa dos escolares da outra beira
do Miño que si remesaron un pequeno texto de Eugénio de Andrade
referido a Rosalía:
“Muitos
sâo os caminhos que levam á poesía... Rosália chegou lá pela mâo
de quem mal sabía ler e escrever; mâo de camponés, masa certa, sem
dúvida; porque em matéria de amor e pobreza, de solidâo e morte,
nâo sâo precisas muitas letras para se lhe conhecer o peso inteiro
e o sabor”
Nun
lateral da praza, colgadas dun biombo, estaban as ilustracións que
os escolares fixeron das distintas estrofas do primeiro poema dos
Cantares Gallegos.
En
distintos momentos os medios de comunicación locais (Faro de Vigo, RMT) e a propia TVG nos programas Bos Días e A Revista
fixeron conexións en directo pulsando
opinións e recollendo o ambiente desta festa dos libros e da lectura
á que desexamos MIL ABRILES MÁIS.
Etiquetas:
actividades,
conmemoracións,
libro
jueves, 18 de abril de 2013
Libros de película
O
éxito da recente curtametraxe
Os fantásticos libros voadores
mostra a actualidade e vitalidade dun subxénero de debuxos animados
que da vida aos libros.
Para
festexar o Día do Libro presentamos cinco
vídeos con “libros viventes”
como
destacados actores:
- Have You Got Any Castles? (1938)
- Ex libris (1983)
- Dada (1994), unha curiosa historia na que a xente leva libros na cabeza como representación dos seus coñecementos.
- Library (2008), do chinés Yu Ming, que suxire que o cerebro de cada persoa é unha biblioteca, e que cada libro garda no seu interior lembranzas da risa, da ira, da tristura ou da felicidade.
- Mourir auprés de toi (Morrer ao teu lado, 2011) de Spike Jonze, na que se vive unha relación, de amor e paixón entre personaxes que saltan de entre as páxinas dos libros dun andel.
Como observamos a relación do cine e dos libros é de ida e volta: se hai moitas obras literarias inspiradoras de películas tampouco faltan os libros como protagonistas de filmes: películas de libros e libros de película, en fin.
Feliz
Día do Libro 2013!
Etiquetas:
conmemoracións,
curtametraxes,
libro
martes, 26 de febrero de 2013
Constelación poética rosaliana
Magnífica constelación elaborada polas bibliotecas dos IES de Poio e "Ribeira do Louro" de O Porriño para celebrar os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.
Grazas por compartir o voso traballo!
Etiquetas:
adversidade,
Cantares Gallegos,
conmemoración,
constelación,
poesía,
Rosalía de Castro
Alfabetización informacional
O traballo colaborativo de dúas bibliotecarias escolares: Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro (Malpica) e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón (Pontevedra) acaba de dar un moi apetecible froito para a alfabetización informacional de cantos navegamos pola rede; coas súas orientacións melloraremos, sen dúbida, as nosas buscas no tupido bosque da internet.
Grazas, Charo e Olga, por compartir os vosos coñecementos para que chegen ao maior número de usuarios das nosas bibliotecas.
Etiquetas:
alfabetización informacional,
educación documental,
recursos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Bibliotecas escolares de Galicia
Bibliotecas escolares de Galicia
Datos do Centro
- Blog da Biblioteca do IES San Paio
- Rúa Casal Aboy, 11 36700 Tui (Pontevedra)
Arquivos do Blog
-
►
2011
(12)
- ► septiembre (1)

