lunes, 24 de noviembre de 2014
martes, 11 de noviembre de 2014
Twitteando contra o Maltrato e a Violencia de Xénero
Unímonos á iniciativa das bibliotecas dos IES de Poio e Ribeira do Louro-O Porriño, promotoras dunha campaña de denuncia da violencia de xénero en Twitter, dirixida a todos os sectores da comunidade educativa (profesorado, alumnado,
pais e nais e PAS)
Trátase de publicar en TWITTER un chío (máximo
140 caracteres): unha mensaxe, unha frase, un verso, un haiku, un
micropoema, un microrrelato… co hashtag #nonmaltratoBE
co tema do rexeitamento da violencia de xénero.
Que non falte o teu tuit
contra a praga do maltrato e a violencia de xénero!
Tweets sobre #nonmaltratoBE
Etiquetas:
conmemoracións,
maltrato,
twitter,
violencia xénero
domingo, 9 de noviembre de 2014
Ciencia en galego nas bibliotecas escolares galegas!
Neste novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas, pregoamos a mensaxe do profesor Ángel Carracedo, recoñecido científico galego:
Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”.
A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.
Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.
Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.

E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.
E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior.
Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.
Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.
E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela.

CIENCIA + GALEGO = UN BINOMIO POSÍBEL!
Etiquetas:
biblioteca,
ciencia,
galego,
mensaxe
lunes, 3 de noviembre de 2014
Unha Mafalda galega
Aproveitando a reportaxe que o Faro de Vigo fixo o pasado 5 de outubro a propósito do cincuenta aniversario de Mafalda e a entrega do premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades ao seu creador, Quino, ofrecemos esta pequena presentación:
Mafalda, que cumpras moitos máis!
jueves, 23 de octubre de 2014
Mortadelo e Filemón nunha biblioteca
Os coñecidos axentes da TIA vense na obriga de visitar unha biblioteca para conseguir probas contra Rodolfo Cobardino e a súa banda e... vaia movida na biblioteca con Mortadelo e Filemón!
Se queres máis, xa sabes:
Feliz Día da Biblioteca!
Etiquetas:
banda deseñada,
biblioteca,
Filemón,
Mortadelo
Con Mafalda no Día da Biblioteca Escolar
Ás portas do cuarto luns de outubro, Día Internacional da Biblioteca Escolar, dentro deste mes das bibliotecas escolares, aproveitamos o medio século de Mafalda para festexar con ela a importancia da biblioteca escolar e da lectura:
Etiquetas:
biblioteca,
conmemoración,
lectura,
Mafalda
domingo, 19 de octubre de 2014
Rosendo Salvado e as bibliotecas
No bicentenario de seu nacimento, Rosendo Salvado, escritor e bispo tudense, misioneiro en terras australianas, resplandece como defensor dos aborixes, preocupado tamén polas súas necesidades culturais. Para mostra, neste mes das bibliotecas escolares, lembramos este pequeño texto seu sobre a importancia das bibliotecas:
A miña intención é formar, pouco a pouco, unha biblioteca nestes desertos de Australia. Unha comunidade monástica sen libros é como un batallón sen armas. Xa temos algunhas excelentes obras... mais, en verdade, na posición na que aquí nos atopamos, obrigados a desmontar os nosos bosques, e a traballar para procurarnos o pan, a gardar ovellas, vacas, cabalos, para proporcionarnos algúns recursos, a facer ladrillos e madeirame, para non durmir como antes ao sereno, non é ridículo querer tamén ocuparnos das Políglotas e das Patroloxías? Ridículo ou non, velaquí o feito, e, en lugar de arrepentirme del, estou resolto a aumentar, canto me sexa dado, a nosa exigua Biblioteca; pois non só de pan vive o home...
Etiquetas:
biblioteca,
Rosendo Salvado
Suscribirse a:
Entradas (Atom)