miércoles, 24 de marzo de 2010

Día Mundial do Teatro



Cada 27 de marzo, dende 1961, o ITI celebra o Día Mundial do Teatro e cada ano encarga a mensaxe conmemorativa da xornada a unha personalidade vencellada ao mundo teatral. A autora da mensaxe no presente ano é a actriz Judi Dench. moi popular no Reino Unido polos seus traballos en teatro, cine e televisión. Esta é a súa mensaxe:


O Día Mundial do Teatro é unha oportunidade para celebrar o teatro dun milleiro de formas.

O teatro é unha fonte de entretemento e inspiración, e ten a habilidade de unificar as diversas culturas e ás xentes de todo o mundo. Pero o teatro é moito máis que iso e tamén brinda oportunidades para educar e informar.

O teatro represéntase en todo o mundo e non sempre nos escenarios tradicionais. As representacións poden suceder nun pequeno pobo de África, nunha montaña en Armenia ou nunha pequena illa do Pacífico. Todo o que necesita é un lugar e un público.

O teatro ten a habilidade de facernos sorrir, de facernos chorar, pero tamén debería facernos pensar e reflexionar.

O teatro xorde a partir do traballo en grupo. Os actores son as persoas que se ven, pero hai un gran número de persoas ás que non se ve. Son tan importantes como os actores e as súas variadas e especializadas habilidades fan que unha produción sexa posible. Tamén deberían compartir os triunfos e os éxitos que poidan lograrse.

O 27 de marzo é oficialmente o Día Mundial do Teatro. Por moitos motivos todos os días deberían ser considerados días do teatro, porque temos a responsabilidade de continuar a tradición de entreter, de educar e de iluminar as nosas audiencias, sen as que non existiriamos.


miércoles, 17 de marzo de 2010

21 de marzo, Día da Poesía

Foi no 1999 cando a UNESCO proclamou o 21 de marzo Día Mundial da Poesía.

Neste 2010 Irina Bokova, actual directora xeral, redactou a mensaxe para esta celebración, da que entresacamos este parágrafo:

«A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas educativos. Grazas ao acceso á poesía do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se encontre en termos xeográficos.»

Se queres ler toda a mensaxe segue este enlace:
http://unesdoc.unesco.org/images/0018/001871/187194s.pdf

Festexemos o próximo domingo poñendo un pouco de poesía nas nosas vidas prosaicas!










A nosa proposta céntrase en dous poetas que lembramos este ano: Uxío Novoneyr
a e Miguel Hernández:









jueves, 25 de febrero de 2010

ADEUS AO TILEIRO

O maxestuoso tileiro, todo un símbolo do noso instituto, váisenos. Os temporais dos últimos anos foron descubrindo os seus males internos. A súa garrida figura foi esmorecendo e hoxe os seus despoxos son un perigo.

A nosa compañeira Marga do Val considerouno espectador privilexiado, testemuña silente, árbore centenaria, ferida, máxica, boa compañeira na viaxe da vida, protectora dos soños e amores que nacen baixo a súa sombra e desexoulle longa vida mais non pode ser: a que ía entrar no catálogo de árbores senlleiras galegas agarda un destino moito máis humilde e fatal; por iso antes que o machado do leñador fira o teu tronco, de voraces fungos alimento, antes que o lume engula as túas núas pólas nalgún anónimo fogar, queremos decirche ¡Adeus, para sempre, adeus! parafraseando o poema "A un olmo seco" de Antonio Machado:

A UN TILO SECO


Al TILO viejo, hendido por el rayo
y en su mitad podrido,
con las lluvias de abril y el sol de mayo
algunas hojas verdes le han salido.

¡El TILO centenario en la colina
que lame el MIÑO! Un musgo amarillento
le mancha la corteza blanquecina
al tronco carcomido y polvoriento.

No será, cual los álamos cantores
que guardan el camino y la ribera,
habitado de pardos ruiseñores.

Ejército de hormigas en hilera
va trepando por él, y en sus entrañas
urden sus telas grises las arañas.

Antes que te derribe, TILO DEL MIÑO,
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campana,
lanza de carro o yugo de carreta;
antes que rojo en el hogar, mañana,
ardas en alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
TILO, quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,

otro milagro de la primavera.

Aquí presentamos a versión musicada que do poema orixinal de A. Machado fai Serrat:

martes, 23 de febrero de 2010

Día de Rosalía




173 anos despois do seu nacemento (o 24 de febreiro de 1837) Rosalía segue a ser un referente inesquecible na literatura galega. Lembrémola cos versos de Luís Pimentel (1895-1958) , outro dos nosos grandes poetas:


Non convén chorar máis.
Ela chorou por todos e para sempre.
Calemos...
Eu véxote así:
crespós nas estrelas,
ollos abertos de nenos mortos cravados nas salas do pazo

Calemos...
Nos currunchos acendéronse os altares do silenzo;
choiva de frores de estameña nos tristes pasadelos.
Coa túa boca torta chamas a mortos
e náufragos dende a solaina,
antre a brétema, en serán infinda.

Delantal de camposanto e campás antre mar e brétema;
barco negro e morto no camiño;
pómulos marelos deformes pola door;
balcón endexamais aberto cheo de paxaros e follas secas;
seios exprimidos hasta a derradeira gota de luz;
maos antre mirto e lúa, debaixo da auga verde do estanque.

¿Qué fas na serán que está esmorecendo sempre
ou na noite que endexamais se rematará ?
Sin corpo, sin traxe, sin bruído,
coroa de somas, música de pianos enloitados...
(Chove sobor das rosas e da escalinata do pazo).


e coa música de Amancio Prada:




miércoles, 27 de enero de 2010

Uxío Novoneyra e a paz

A celebración da Xornada escolar pola Paz é un bo momento para festexar ao poeta homenaxeado este ano no día das Letras Galegas, súa é esta composición que presentamos sonorizada:



O Lecturón

Sementa ventos e terás unha boa colleita de furacáns e tronadas. Tanta animación á lectura, tanto potenciar os libros e as bibliotecas para que nas nosas sociedades apareza un novo problema: nas grandes urbes xa é unha triste realidade o lecturón, un sucedáneo do botellón que se alimenta de libros e lecturas; as vítimas son as mesmas de sempre: os cidadáns que, con estoicismo, soportan as impertinencias lectoras das novas xeracións. Cando chegará a Tui este novo problema?
Para maior información seguide o vídeo de José Mota.


viernes, 6 de noviembre de 2009

50 CABODANO DO PASAMENTO DE RAMÓN CABANILLAS

Eran as oito da mañá do 9 de novembro de 1959 cando nos deixaba para sempre o poeta da raza. A triste nova foi recollida pola prensa da época, para mostra esta páxina de La Voz de Galicia:


O tudense Alfonso Álvarez Gándara, neto de Darío Álvarez Limeses, foi un dos mozos que axudou a portar o féretro e lembra aquela xornada:

"Na aínda réspeta tesitura nacional de 1959, vivimos como un acto político a asistencia ao seu enterro e aquelo de levar unha coroa de froles que decía "a mocedade universitaria galega". Varios estudantes turnámonos con familiares levando o cadaleito. Cando se ten vinte anos, cun certo mesianismo xeneracional, levar un instantiño o peso do poeta da raza ao pé do mar de Cambados equival a sertirse Galas prometendo saber gañar espada e espora"

Tamén a lembra o profesor da USC Francisco Fernández Rei, daquela un cativo:

"...unha tarde vin pasar unha interminable comitiva fúnebre pola Calzada, toda estrada das outonizas follas... Ningún dos nenos de Triana que andabamos a enredar coas follas sabiamos a quen levaban a enterrar naquela caixa"

Máis tarde, visitando o cemiterio cambadés, a carón da sepultura dun seu irmán, Francisco Fernández Rei, atopa estes versos:

Quero na lousa que me dé sosego
esta palabra que ten luz: Gallego
e esta palabra que ten áas: Poeta


"moi posiblemente foron as primeiras palabras en galego que lin na miña vida"

Oito anos despois da súa morte os restos do noso poeta deixaron o camposanto de Fefiñans para repousar no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.