sábado, 26 de marzo de 2016

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Sanchis Sinisterra

Escrita en 1986 e representada no Teatro Principal de Zaragoza en 1987 ¡Ay Carmela! de José Sanchis Sinisterra tamén ten versión fílmica.

Carmela, Paulino e Gustavete forman un grupo de cómicos trobadores  que procuran diversión aos soldados republicanos durante a Guerra Civil, pero están cansados xa de pasar penalidades na fronte. Diríxense a Valencia pero, por erro, van parar á zona nacional. Alí son feitos prisioneiros, e a única maneira de salvar as súas vidas é ofrecendo un espectáculo para un grupo de militares nacionais que  choca de cheo coa ideoloxía dos cómicos. 

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Fernando Fernán Gómez

En 1982 represéntase Las bicicletas son para el verano, obra tetral de Fernando Fernán Gómez  que tamén terá versión cinematográfica e radiofónica. 

No Madrid de comezos da guerra a familia formada por don Luís, a súa cónxuxe Dolores e os seus fillos, Manolita e Luisito, comparte a situación coa criada e os veciños do edificio onde vive. Luisito, a pesar de suspender, quere que o seu pai lle merque unha bicicleta. Pero a situación vai obrigar a retrasar a compra. E o retraso, como a propia guerra, durará moito máis do previsible. 

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Jaime Salom

La casa de las Chivas, de Jaime Salom, foi estreada como obra teatral en 1968, sendo levada con posterioridade ao cine a a  televisión. 
Na trama, ambientada na Guerra Civil, cinco militares requisan unha vivenda propiedade dunha familia composta por un pai e as súas dúas fillas Petra e Trini, máis A Chiva, a nai ausente pero sempre lembrada. As relacións entre todos os personaxes enclaustrados na casa, enmarcan o desenvolvemento da obra, con Petra chegando a ofrecerse sexualmente por mera supervivencia... Ata a chegada de Juán, un último soldado. Ámbalasdúas irmás quedan prendadas de Juán, iniciándose unha loita larvada que acabará co suicidio de Trini.

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Rafael Alberti

Rafael Alberti escribe Noche de guerra en el Museo del Prado no ano 1956 pero haberá que esperar a 1973 para que se represente en Roma e a 1978 para poder vela en Madrid.
A obra inspírase nun episodio vivido polo Alberti, quen en plena Guerra Civil española recibiu o encargo de Largo Caballero e a Xunta de Salvamento Artístico para trasladar algunhas das obras do Museo do Prado a Valencia. Rememorando esta experiencia, a obra superpón a Guerra da Independencia coa Guerra Civil, na idea de que ambas presentan a mesma loita popular para alcanzar a liberdade. Os elementos que permiten cambiar dun escenario a outro son os cadros de Goya, cuxos personaxes cobran vida.

Noche de Guerra en el Museo del Prado from Fernando on Vimeo.

Máis teatro sobre a Guerra Civil: Alfonso Sastre

En 1953 estréase Escuadra hacia la muerte, de Alfonso Sastre.

Nela un escuadrón de cinco homes, dirixidos polo cabo Gobán, son enviados a un posto de avanzada para informar dos ataques inimigos á retagarda. Os soldados, carentes de espírito militar terminan  asasinando a Gobán, ao que perciben como un obstáculo para a súa propia supervivencia.
Asasinado o cabo, os soldados buscan  a mellor forma de conservar as súas vidas na situación en que se atopan. O primeiro, con sentimentos de arrepentimento, decide volver coas súas filas aínda sabendo que será fusilado por traizón; outro suicídase, na crenza de que todo foi unha trampa dos mandos do seu exército; dous escapan e o último disponse a continuar a súa propia vida.

Día do Teatro: Teatro sobre a Guerra Civil (III)

Llegada de los dioses (1971).- Outra obra de Buero na que Julio queda cego ao saber que o seu pai practicou a tortura durante a Guerra Civil. O dramaturgo sitúanos entre a verdade e a mentira mediante o choque entre personaxes e ambientes.

La Fundación (1974).- Un grupo de reclusos conviven na prisión coa tortura, a tolemia, a morte... Reflexión sobre a liberdade persoal e social.
 

Día do Teatro: Teatro sobre a Guerra Civil (II)

La doble historia del doctor Valmy (1968).- Obra tamén de Buero que non pasa a censura en 1964 e foi estreada no estranxeiro, aborda de forma directa o tema da tortura física e das súas consecuencias, tamén as provocadas nos torturadores. Trala morte de Franco, en 1976, foi posible representala en España.