jueves, 18 de junio de 2015
viernes, 8 de mayo de 2015
jueves, 23 de abril de 2015
Preparados para o VI TUI LE
TUI LE 2015 from tudense
Etiquetas:
conmemoracións,
lectura,
libro,
Tui_le
miércoles, 22 de abril de 2015
TUI LE (VI edición)
O venres 24 de abril, en horario de 10 a 13 horas, no Salón de Actos e claustros do Seminario Menor terá lugar a VI edición do Tui Le na que participan once centros educativos do concello de Tui, deles nove son de titularidade pública (CEIP nº 1, 2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, CRA “Mestra Clara Torres” e IES “Indalecio Pérez Tizón” e “San Paio”) e dous de titularidade privada (Maristas e Seminario) xuntamente coa biblioteca pública municipal.
O programa previsto oferta intercambio de libros (en tres seccións: infantil, primaria e secundaria), un photocall (representantes de cada centro poderán fotografarse con Cervantes ou Shakespeare portando lemas sobre a lectura e os libros), exposición de carteis elaborados por escolares de cada un dos centros con recreacións das mascotas das súas bibliotecas e lemas ou textos libres relacionados cos libros e a lectura e con referencias ao centenario do tudense Xosé María Álvarez Blázquez e ao autor do Día das Letras 2015 Xosé Fernando Filgueira Valverde.
A parte central do programa resérvase para as actuacións dos distintos centros: dramatización de contos, recitación de poemas con acompañamento musical, percusión, cancións, danza, recuncho poético... repartidas en catro quendas de 45 minutos cada unha. O tempo de actuación para cada centro será de cinco minutos. En cada quenda participan trescentos alumnos. Ao longo da xornada uns 1200 alumnos e 60 profesores farán visible, co seu traballo e implicación por sexto ano consecutivo, que
O programa previsto oferta intercambio de libros (en tres seccións: infantil, primaria e secundaria), un photocall (representantes de cada centro poderán fotografarse con Cervantes ou Shakespeare portando lemas sobre a lectura e os libros), exposición de carteis elaborados por escolares de cada un dos centros con recreacións das mascotas das súas bibliotecas e lemas ou textos libres relacionados cos libros e a lectura e con referencias ao centenario do tudense Xosé María Álvarez Blázquez e ao autor do Día das Letras 2015 Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Tui Le 2013 |
Tui Le o 24 de abril e todos os días do ano.
Etiquetas:
actividades,
conmemoracións,
día_do_libro,
novas,
Tui_le
Lectores andantes
Vinte alumn@s
(dous por cada un dos grupos) convertiranse en lectores andantes, polas distintas aulas, para
celebrar o Día do Libro, a partir de textos quixotescos e
rosalianos segundo este cadro horario:
HORA | LECTORES ANDANTES | AUDITORIO |
8.45 | 1º ESO | 1º BAC |
9.35 | 4º ESO | 3º ESO |
10.45 | 3º ESO | 2º ESO |
11.35 | 2º ESO | 1º ESO |
12.45 | 1º BAC | 4º ESO, PDC |
Ao mesmo tempo no vestíbulo do IES
ofertaremos as versións fílmicas El Quijote do director
Manuel Gutiérrez Aragón con guión de Camilo José Cela e El
caballero don Quijote tamén de Manuel Gutiérrez Aragón.
Feliz Día do Libro!
Feliz 400 aniversario da publicación
da segunda parte de Don Quijote de la Mancha!
Etiquetas:
actividades,
conmemoracións,
libro,
Quijote
martes, 24 de marzo de 2015
Teatro para a Primavera: Antonio Gala
E antes de baixar o pano da conmemoración do Día Mundial do Teatro, unha última mostra da man de Antonio Gala.
Los verdes campos del Edén:
A unha pequena cidade chega Xoan, un vagabundo que busca o panteón do seu avó, único lugar a cuxa terra cre pertencer. Xoan converte o panteón na súa morada, burlando as autoridades e coa aquiescencia do garda do cemiterio. No día de Nadal invita a todos os desarraigados que coñeceu no seu periplo para que compartan con el no panteón unhas horas de felicidade. Non obstante, o barullo provocado alerta as autoridades e Xoan é detido.
FIN
Etiquetas:
antonio_gala,
conmemoracións,
teatro
Teatro para a Primavera: García Lorca
Doña Rosita la soltera o el lenguaje de las flores:
Drama en tres actos. Unha parella de noivos, que ha de separarse por motivos laborais, prométese amor eterno a pesar da distancia e o tempo que estarán sen verse. O tempo pasa, pero Rosita segue esperando ao seu noivo, xa que periodicamente vai recibindo as cartas de amor que este lle manda. Un día recibe unha carta que lle propón matrimonio, pero a través duns poderes que el lle mandará. Esa carta nunca chega e el cada vez mostra menos interese polas cartas que recibe de Rosita. O seu amado finalmente remítelle unha, onde lle indica que casou con outra muller. Rosita, ante isto xa non volve crer no amor e envellece sen poder esquecer ao seu antigo amado...
Para saber máis: vídeo
e texto
Etiquetas:
conmemoracións,
garcia_lorca,
teatro
Teatro para a Primavera: Jardiel Poncela
Máis teatro para a primavera:
Para ler o texto preme nesta ligazón
Eloísa está debajo de un almendro:
É unha obra moi curta, que se desenvolve en tres únicos escenarios (nun cine, na casa da familia de Mariana e na casa dos Ojeda). Mariana está namorada de Fernando Ojeda, un home misterioso e a quen ela cree portador dun gran segredo, no que ela ten algo que ver. Pero ás veces ódiao, cando el se pon unha máscara e finxe ser unha persoa normal e corrente. Os seus sentimentos, como lle di a súa tía Clotilde (en principio, a única corda da familia), non son moi normais, pero claro, formando parte dunha familia de tolos na que o seu pai non pisou a rúa dende hai moitos anos (pero viaxa nun tren imaxinario todas as semanas), a súa tía Micaela está obsesionada cos ladróns e con coleccionar bufos, e a súa irmá, a tola oficial da familia, está desaparecida... pois tampouco parece moi raro que ela necesite que o seu noivo sexa un home misterioso que lle oculte algo grave para ser feliz. E o tío de Fernando, Ezequiel, pode que tamén oculte algún turbio segredo... Ou será a casa dos Ojeda a que realmente esconda algo misterioso? Enredos e segredos dan lugar a malentendidos e situacións hilarantes.
Aquí tes unha representación desta obra:
E un filme de 1943 baseado nela:
Para ler o texto preme nesta ligazón
Una noche de primavera sin sueño:
Alejandra acaba de discutir co seu home Mariano; un galán entra de noite na casa do matrimonio divorciado e queda ata o amencer. En vez de marchar entón para evitar ser visto, decide saír a media mañá e pola porta principal, e así non espertar sospeitas. Pero vese enleado en mil peripecias e ao final non sae de alí e faise pasar por fontaneiro.
Tes o texto aquí e unha representación:
Etiquetas:
conmemoracións,
jardiel_poncela,
teatro
Teatro para a Primavera: Alejandro Casona
Festexemos o Día Mundial do Teatro lendo, recitando, representando ou vendo teatro. Velaquí van as nosas dúas primeiras propostas:
Nesta ligazón tes o texto completo.
Se queres ver unha representación da obra:
Prohibido suicidarse en Primavera:
O doutor Ariel, descendente dunha familia de suicidas novos, que creceu obsesionado por este feito e investigou aos suicidas (descobre que os triunfadores suicídanse máis que os fracasados, os mozos máis que os vellos, os suicidios acontecen máis ao abrente que de noite e na primavera máis que no inverno), funda o «Fogar do Suicida», un sanatorio no que se ofrece aos suicidas todas as facilidades para consumar o seu propósito. Obra chea de lirismo, fantasía, afán didáctico e compromiso social.
Nesta ligazón tes o texto completo.
Los árboles mueren de pie:
O ancián Balboa empéñase en mostrarlle á súa muller, a través de cartas que el mesmo lle envía, que o seu neto vive en Canadá é unha excelente persoa, cando na realidade o neto é un estafador. Cando o avó se decata da suposta morte do seu neto nun accidente, contrata a unha parella para que substitúan o neto e a cónxuxe coa finalidade de que a avoa viva ilusionada e ignorante do pasamento e vida pouco exemplar do neto. Mais o verdadeiro neto chega por sorpresa porque non morrera como se cría. A avoa decátase do engano, pero decide non comentarllo á parella suplantadora, como agradecemento polos días felices que lle permitiron vivir facendo realidade as súas ilusións.
Se queres ver unha representación da obra:
Nesta ligazón podes ler o texto.
Etiquetas:
alejandro_casona,
conmemoracións,
teatro
jueves, 5 de marzo de 2015
Con F de Filme e Feminino
No Biblioxornal nº 39 presentamos unha breve referencia a unha ducia de películas de temática ou protagonismo feminino. Agora, na seguinte lista de reprodución podes coñecer a sipnose delas.
Etiquetas:
8_marzo,
cine,
conmemoracións,
muller
miércoles, 4 de marzo de 2015
MULLERES ROMPEDORAS
Precursoras from tudense
Etiquetas:
8_marzo,
conmemoracións,
muller,
precursoras,
presentacións
domingo, 1 de marzo de 2015
viernes, 20 de febrero de 2015
Respecto pola lingua materna
O sábado 21 celebramos o Día Internacional da Lingua Materna. Na seguinte publicación atoparedes textos en prosa e verso para reflexionar, en particular, sobre a saúde e o compromiso necesario coa nosa lingua materna.
A
lingua materna non é un problema,
é unha riqueza que non podemos estragar
é unha riqueza que non podemos estragar
Longa vida
á nosa lingua materna!
Etiquetas:
conmemoracións,
escolma,
lingua materna
jueves, 29 de enero de 2015
Cando as matemáticas pingan sangue
Unha das causas da mortalidade humana ven provocada polos conflitos bélicos tanto pasados como actuais. Para mostra, e dunha maneira aproximada, presentamos algunhas cifras que se traducen en sangue, dor e destrución...
Conflitos bélicos from tudense
Etiquetas:
cifras,
conmemoracións,
guerra,
Paz,
vítimas
miércoles, 28 de enero de 2015
Si vis pacem, para pacem
En contra do Si vis pacem, para bellum os expansionistas, conquistadores e insaciables romanos, ao longo da súa dilatada historia, necesitaron acudir a pactos e proclamar unha Pax Augustea, máis oficial que real.
Pax in roma from tudense
Etiquetas:
conmemoracións,
pactos,
Paz,
Roma
Con P de Paz e de París
París, a cidade da luz, ao longo da súa historia foi lugar elixido para negociar e asinar múltiples tratados de Paz. Para mostra os que aparecen nesta presentación: despois das tebras das guerras a luminosidade parisina facilitou pactos, treguas e alianzas
Etiquetas:
conmemoracións,
pactos,
París,
Paz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)