martes, 24 de marzo de 2015

Teatro para a Primavera: Jardiel Poncela

Máis teatro para a primavera:

  • Eloísa está debajo de un almendro:

É unha obra moi curta, que se desenvolve en tres únicos escenarios (nun cine, na casa da familia de Mariana e na casa dos Ojeda). Mariana está namorada de Fernando Ojeda, un home misterioso e a quen ela cree portador dun gran segredo, no que ela ten algo que ver. Pero ás veces ódiao, cando el se pon unha máscara e finxe ser unha persoa normal e corrente. Os seus sentimentos, como lle di a súa tía Clotilde (en principio, a única corda da familia), non son moi normais, pero claro, formando parte dunha familia de tolos na que o seu pai non pisou a rúa dende hai moitos anos (pero viaxa nun tren imaxinario todas as semanas), a súa tía Micaela está obsesionada cos ladróns e con coleccionar bufos, e a súa irmá, a tola oficial da familia, está desaparecida... pois tampouco parece moi raro que ela necesite que o seu noivo sexa un home misterioso que lle oculte algo grave para ser feliz. E o tío de Fernando, Ezequiel, pode que tamén oculte algún turbio segredo... Ou será a casa dos Ojeda a que realmente esconda algo misterioso? Enredos e segredos dan lugar a malentendidos e situacións hilarantes.

Aquí tes unha representación desta obra:



E un filme de 1943 baseado nela:


Para ler o texto preme nesta ligazón 

  • Una noche de primavera sin sueño:

Alejandra acaba de discutir co seu home Mariano; un galán entra de noite na casa do matrimonio divorciado e queda ata o amencer. En vez de mar­char entón para evitar ser visto, decide saír a media mañá e pola porta principal, e así non espertar sospeitas. Pero vese enleado en mil peripecias e ao final non sae de alí e faise pasar por fontaneiro.

Tes o texto aquí e unha representación:






No hay comentarios: