Prohibido suicidarse en Primavera:
O doutor Ariel, descendente dunha familia de suicidas novos, que creceu obsesionado por este feito e investigou aos suicidas (descobre que os triunfadores suicídanse máis que os fracasados, os mozos máis que os vellos, os suicidios acontecen máis ao abrente que de noite e na primavera máis que no inverno), funda o «Fogar do Suicida», un sanatorio no que se ofrece aos suicidas todas as facilidades para consumar o seu propósito. Obra chea de lirismo, fantasía, afán didáctico e compromiso social.
Nesta ligazón tes o texto completo.
Los árboles mueren de pie:
O ancián Balboa empéñase en mostrarlle á súa muller, a través de cartas que el mesmo lle envía, que o seu neto vive en Canadá é unha excelente persoa, cando na realidade o neto é un estafador. Cando o avó se decata da suposta morte do seu neto nun accidente, contrata a unha parella para que substitúan o neto e a cónxuxe coa finalidade de que a avoa viva ilusionada e ignorante do pasamento e vida pouco exemplar do neto. Mais o verdadeiro neto chega por sorpresa porque non morrera como se cría. A avoa decátase do engano, pero decide non comentarllo á parella suplantadora, como agradecemento polos días felices que lle permitiron vivir facendo realidade as súas ilusións.
Se queres ver unha representación da obra:
Nesta ligazón podes ler o texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario