Poesía do mes (xaneiro 2009)
A neve cai
na inmensidade vacia.
Cai o rumor do branco siléncio.
Muda claridade
na pel do tempo:
pequenas flores húmidas.
Escoito-te
cando xa teño soñado
a tua luz vexetal.
A paisaxe é un ser
a se encarnar.
Dentro do siléncio
o presente non existe.
Unha ave busca o seu niño
nas árvores cargadas
de soidade.
A neve borra
as tuas pegadas
sobre a neve.
Cesáreo Sánchez Iglesias (1951)
jueves, 29 de enero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario