domingo, 7 de junio de 2009

Libro do mes - maio 2009


Los hijos del trueno
de
F. Lalana e J. M. Almárcegui


Un libro que narra a historia do Instituto Remanente de Ensinanzas Medias nº 1, rebautizado como Capitán Trueno.
Decidido a rematar co fracaso escolar, o goberno promulga o “Decreto do vintidós (sic)”. Cada clase terá vinte e dous alumnos, e os que sobren, irán aos chamados institutos remanentes. Cada instituto decide a que alumnado rexeita, polo que a estes novos centros vai parar o mellor de cada casa... Mais un grupo de supostos fracasados (frikis, raros, inadaptados, delincuentes, algún superdotado, molestos en xeral...) negarase a asumir esa condición e atopará a manera de facerse valer e poñer patas arriba o novo sistema estabelecido.

Dos mesmos autores tamén podedes atopar na Biblioteca:

  • Almogávar sin querer
  • La maldición de bronce

No hay comentarios: