martes, 23 de febrero de 2010

Día de Rosalía




173 anos despois do seu nacemento (o 24 de febreiro de 1837) Rosalía segue a ser un referente inesquecible na literatura galega. Lembrémola cos versos de Luís Pimentel (1895-1958) , outro dos nosos grandes poetas:


Non convén chorar máis.
Ela chorou por todos e para sempre.
Calemos...
Eu véxote así:
crespós nas estrelas,
ollos abertos de nenos mortos cravados nas salas do pazo

Calemos...
Nos currunchos acendéronse os altares do silenzo;
choiva de frores de estameña nos tristes pasadelos.
Coa túa boca torta chamas a mortos
e náufragos dende a solaina,
antre a brétema, en serán infinda.

Delantal de camposanto e campás antre mar e brétema;
barco negro e morto no camiño;
pómulos marelos deformes pola door;
balcón endexamais aberto cheo de paxaros e follas secas;
seios exprimidos hasta a derradeira gota de luz;
maos antre mirto e lúa, debaixo da auga verde do estanque.

¿Qué fas na serán que está esmorecendo sempre
ou na noite que endexamais se rematará ?
Sin corpo, sin traxe, sin bruído,
coroa de somas, música de pianos enloitados...
(Chove sobor das rosas e da escalinata do pazo).


e coa música de Amancio Prada:




No hay comentarios: