miércoles, 24 de marzo de 2010

Día Mundial do Teatro



Cada 27 de marzo, dende 1961, o ITI celebra o Día Mundial do Teatro e cada ano encarga a mensaxe conmemorativa da xornada a unha personalidade vencellada ao mundo teatral. A autora da mensaxe no presente ano é a actriz Judi Dench. moi popular no Reino Unido polos seus traballos en teatro, cine e televisión. Esta é a súa mensaxe:


O Día Mundial do Teatro é unha oportunidade para celebrar o teatro dun milleiro de formas.

O teatro é unha fonte de entretemento e inspiración, e ten a habilidade de unificar as diversas culturas e ás xentes de todo o mundo. Pero o teatro é moito máis que iso e tamén brinda oportunidades para educar e informar.

O teatro represéntase en todo o mundo e non sempre nos escenarios tradicionais. As representacións poden suceder nun pequeno pobo de África, nunha montaña en Armenia ou nunha pequena illa do Pacífico. Todo o que necesita é un lugar e un público.

O teatro ten a habilidade de facernos sorrir, de facernos chorar, pero tamén debería facernos pensar e reflexionar.

O teatro xorde a partir do traballo en grupo. Os actores son as persoas que se ven, pero hai un gran número de persoas ás que non se ve. Son tan importantes como os actores e as súas variadas e especializadas habilidades fan que unha produción sexa posible. Tamén deberían compartir os triunfos e os éxitos que poidan lograrse.

O 27 de marzo é oficialmente o Día Mundial do Teatro. Por moitos motivos todos os días deberían ser considerados días do teatro, porque temos a responsabilidade de continuar a tradición de entreter, de educar e de iluminar as nosas audiencias, sen as que non existiriamos.


No hay comentarios: