O Día Internacional da Lingua Materna, foi establecido pola UNESCO en 1999 para lembrar aos estudantes que en 1952 foron mortos a tiros pola policía de Dhaka, a capital do que hoxe é Bangla Desh, cando participaban nunha manifestación para o recoñecemento do bangla, a súa lingua, como un dos dous idiomas nacionais da entón Paquistán.
O lema deste ano é:
«As tecnoloxías da información e da comunicación ao servizo da protección e a promoción das linguas e da diversidade lingüística».
As linguas son os instrumentos máis axeitados para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural material e inmaterial. Promover, no noso caso, o uso e difusión do galego, lingua materna das galegas e dos galegos, servirá non só para incentivar a diversidade lingüística e a educación multilingüe, senón tamén para crear unha maior conciencia sobre a nosa tradición lingüística e cultural e inspirar á solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.
Celebremos, usemos e defendamos a nosa lingua neste día mais tamén en todos os días do ano!
Se queres máis información e materiais sobre esta efeméride entra en:

- páxina da ONU
- páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
- páxina do instituto (biblioteca>actividades>conmemoracións)
No hay comentarios:
Publicar un comentario