miércoles, 22 de abril de 2015

TUI LE (VI edición)

O venres 24 de abril, en horario de 10 a 13 horas, no Salón de Actos e claustros do Seminario Menor terá lugar a VI edición do Tui Le na que participan once centros educativos do concello de Tui, deles nove son de titularidade pública (CEIP nº 1, 2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns, CRA “Mestra Clara Torres” e IES “Indalecio Pérez Tizón” e “San Paio”) e dous de titularidade privada (Maristas e Seminario) xuntamente coa biblioteca pública municipal.

O programa previsto oferta intercambio de libros (en tres seccións: infantil, primaria e secundaria), un photocall (representantes de cada centro poderán fotografarse con Cervantes ou Shakespeare portando lemas sobre a lectura e os libros), exposición de carteis elaborados por escolares de cada un dos centros con recreacións das mascotas das súas bibliotecas e lemas ou textos libres relacionados cos libros e a lectura e con referencias ao centenario do tudense Xosé María Álvarez Blázquez e ao autor do Día das Letras 2015 Xosé Fernando Filgueira Valverde.
Tui Le 2013
A parte central do programa resérvase para as actuacións dos distintos centros: dramatización de contos, recitación de poemas con acompañamento musical, percusión, cancións, danza, recuncho poético... repartidas en catro quendas de 45 minutos cada unha. O tempo de actuación para cada centro será de cinco minutos. En cada quenda participan trescentos alumnos. Ao longo da xornada uns 1200 alumnos e 60 profesores farán visible, co seu traballo e implicación por sexto ano consecutivo, que
Tui Le o 24 de abril e todos os días do ano.

No hay comentarios: