jueves, 25 de febrero de 2010

ADEUS AO TILEIRO

O maxestuoso tileiro, todo un símbolo do noso instituto, váisenos. Os temporais dos últimos anos foron descubrindo os seus males internos. A súa garrida figura foi esmorecendo e hoxe os seus despoxos son un perigo.

A nosa compañeira Marga do Val considerouno espectador privilexiado, testemuña silente, árbore centenaria, ferida, máxica, boa compañeira na viaxe da vida, protectora dos soños e amores que nacen baixo a súa sombra e desexoulle longa vida mais non pode ser: a que ía entrar no catálogo de árbores senlleiras galegas agarda un destino moito máis humilde e fatal; por iso antes que o machado do leñador fira o teu tronco, de voraces fungos alimento, antes que o lume engula as túas núas pólas nalgún anónimo fogar, queremos decirche ¡Adeus, para sempre, adeus! parafraseando o poema "A un olmo seco" de Antonio Machado:

A UN TILO SECO


Al TILO viejo, hendido por el rayo
y en su mitad podrido,
con las lluvias de abril y el sol de mayo
algunas hojas verdes le han salido.

¡El TILO centenario en la colina
que lame el MIÑO! Un musgo amarillento
le mancha la corteza blanquecina
al tronco carcomido y polvoriento.

No será, cual los álamos cantores
que guardan el camino y la ribera,
habitado de pardos ruiseñores.

Ejército de hormigas en hilera
va trepando por él, y en sus entrañas
urden sus telas grises las arañas.

Antes que te derribe, TILO DEL MIÑO,
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campana,
lanza de carro o yugo de carreta;
antes que rojo en el hogar, mañana,
ardas en alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
TILO, quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,

otro milagro de la primavera.

Aquí presentamos a versión musicada que do poema orixinal de A. Machado fai Serrat:

3 comentarios:

Leo dijo...

uedará na vosa lembranza, nas fotos do cole...Tal vez o queirades conservar no logo do centro, ou de mascota na biblio...
Apertas sentimentais

Chispa dijo...

Podedes plantar un novo. Non o substituirá, pero dádeslles ás seguintes xeracións a oportunidade de sentirse tan orgullosos, dentro de cen anos, dunha magnífica árbore coma a que hoxe despedestes.
Apertas agarimosas desde Pazos.

Vili dijo...

Linda vida a que desfrutou esta árbore, nos seus últimos anos vendo como baixo a súa sombra crecen os estudantes que o admiran.

Agotado foise indo, de seguro contento por deixar tan bos sentimentos no corazón de tanta xente; e sabendo que por el, quizáis amamos mais a esta natureza que temos tan abandoada.