martes, 31 de marzo de 2009

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Lembrando o nacemento do escritor Hans Christian Andersen tódolos 2 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Este ano Exipto é o pais encargado do cartel

e o escritor Hani D. El-Masri o autor da mensaxe.

Hani El-Masri naceu no Cairo en 1951, traballou en proxectos de Walt Disney e en películas como O Príncipe de Exipto, El Dorado ou Spirit: o corcel indomable. Na actualidade elabora unha versión para rapaces de As mil e unha noites.


Reproducimos a súa mensaxe:

EU SON O MUNDO

Eu son o mundo, e o mundo son eu,
porque a través dos meus libros podo ser o que queira.
Palabras e debuxos, prosa e verso
trasládamne a lugares que están lonxe e preto ao mesmo tempo.

Na terra dos sultáns e do ouro,
mil historias que falan
de alfombras voadoras, xenios de lámpadas marabillosas,
sacaúntos e simbades, cóntanlle os seus segredos a Sherezade.

Con cada palabra de cada páxina,
viaxo no espazo e no tempo.
E coas ás da fantasía,
o meu espírito cruza o mar e a terra.

Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro estarei sempre
na mellor das compañías.

No hay comentarios: