de
Pepe Carballude
Pepe Carballude
“-¡Olimpio, ¿es ti?!
El gañou a volta e, arremedando a voz roufeña de ultratumba, respondeu case soletreando:
-Non. Eu non son Olimpio. Ese morreu. Eu son o seu espírito, ceibe das amoladuras do carné de identidade.
Leonor colgouse do seu pescozo e rebentou a chorar.
-¡Vaia, eu feliz da miña nova vida e ti... choras! –dixo don Olimpio coa voz de sempre.
Leonor zafouse das mans do seu marido e, estoupando a carraxe que levaba dentro como cando se abre unha botella de cava, cuspiulle con rabia:
-Es un inconsciente, un arroutado, un toleirón que non sabe o que fai nin mide o alcance dos seus actos.”

O Documento Nacional de Identidade é o maior atranco para que un poida ser feliz. Convencido diso o biólogo Olimpio Montes decide morrer legalmente para vivir á marxe da abafante burocracia dos nosos tempos. Mais non resulta doado vivir indocumentado nun mundo controlado pola información.
Do mesmo autor tamén podedes atopar na Biblioteca:
• A historia do home can
• De como o Santo dos Croques se fai peregrino
• Investigación 091
• Paisaxe con fondo gris
• Romaxe de desventuras
• SOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario