viernes, 13 de marzo de 2009

Douscentos anos do seu nacemento

Cando se cumpren os douscentos anos do seu nacemento
lembramos a vida e obra de:
MARIANO JOSÉ DE LARRA (Madrid, 24 de marzo de 1809 – Madrid 13 de febreiro de 1837 )
Aos catro anos exíliase coa sua familia a Francia -pois o seu pai era afin a ideoloxía bonapartista- onde comenza a sua formación primeiro en Burdeos e despois en Paris. En 1818 con 9 anos regresa a España e establécese en Madrid, rematando a sua formación na Universidade de Valladolid. Na sua adolescencia, alístase como voluntario realista, un corpo xuvenil creado por Fernando VII para defender o absolutismo. Tardou pouco en desenganarse. Entrou no periodismo para denunciar os vicios dunha sociedade na que as miserias eran en boa parte froito da corrupción política e o mal goberno. Os seus artigos, que podemos dividir en: de costumes, políticos e literarios, estan impregandos de progresismo romántico e revolucionario. Así escribe cousas como: contra a censura “Lo que no se puede decir no se debe decir”; contra a pena capital “Los barateros o El desafío y la pena de muerte”; contra o pretendente carlista “¿Qué hace en Portugal su majestad?”; contra o carlismo “Nadie pase sin hablar al portero”; contra a administración “Vuelva usted mañana”, editado na revista satírica de costumes El Pobrecito Hablador firmado por el Bachiller don Juan Pérez de Munguía (un dos seudónimos utilizados por Larra). Tamen cultivou a poesía, a traxedia, e a novela histórica con libros como El doncel de Don Enrique el Doliente. É considerado xunto a Espronceda, Bécquer, e Rosalía de Castro, a mais alta cota do romanticismo literario español.




Na Biblioteca atoparedes algunhas edicións dos seus artigos (Artículos, Artículos de costumbres, Artículos de crítica literaria, Artículos varios, Vuelva usted mañana y otros artículos) e a novela histórica ubicada no século XV El doncel de Don Enrique el Doliente.

No hay comentarios: